Elizabeth Jane Cochran, xornalista que asinaba os seus artigos como Nellie Bly, foi a primeira persoa en facer realidade a aventura de Phileas Fogg, o protagonista da novela de Xulio Verne "A volta ao mundo en oitenta días" Nellie Bly (1864-1922) O 14 de novembro de 1889 partiu do peirao de Hoboken, en Estados Unidos, camiño a Europa. Tiña 25 anos cando iniciou a súa aventura soa, seguindo a ruta do protagonista da novela de Xulio Verne. Durante a travesía, recibiu unha carta de Xulio Verne e da súa muller, invitándoa a que os visitara. Nellie non o dubidou, e ao día seguinte de ler a petición da parella pasaba a tarde conversando con eles na casa que tiñan en Amiens, Francia. Nellie Bly no so fixo realidade o record do personaxe literario, senón que foi máis rápida: conseguiu finalizar o traxecto en 72 días, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos. Recolleu o seu periplo nun libro, no que narra a súa aventura, titulado "Volta ao mundo en 72 días". Outra muller, Elizabeth Bisland, facía o mesmo recorrido pero en sentido inverso. Ela necesitou catro días máis para finalizar o traxecto. Para saber máis: Fonte: http://www.diariodelviajero.com/aventura/la-mujer-que-dio-la-vuelta-al-mundo-en-menos-de-80-dias-y-poco-despues-que-phileas-fogg Fonte: http://www.jotdown.es/2016/02/cuando-julio-verne-conocio-a-nellie-bly-la-mujer-que-batio-el-record-de-phileas-fogg/ Fonte: http://www.microsiervos.com/archivo/curiosidades/nellie-bly-primera-persona-en-dar-vuelta-al-mundo-en-menos-de-80-dias.html